refuxio@ferrol.es

79

mascotas mostradas


información útil:

Nombre

refuxio@ferrol.es

Número de teléfono

633381763

Dirección

GP76+W2 Mougá, Ferrol, Galicia, Spain

Sobre el refugio:

O refuxio de animais de Mougá é un centro dedicado a aloxar animais domésticos que precisan un fogar ata o momento en que son recuperados polos seus propietarios ou ben adoptados por unha nova familia.

A normativa autonómica e as ordenanzas locais definen as obrigas dos propietarios respecto aos seus animais domésticos, en particular as especies que deben ser identificadas mediante un microchip de forma que os animais poidan ser facilmente devoltos aos seus donos en caso de extravío (consulte ao seu ou súa veterinario/a).

Os concellos integrantes da Mancomunidade son plenamente conscientes da importancia de colaborar na protección dos dereitos dos animáis, así como do papel fundamental da cidadanía na tenza responsable dos animais e na condena e persecución do maltrato e o abandono.

Avisos

Se vostede advirte a presencia dun animal deambulando sen dono debe chamar ao 112 ou á policía local do seu concello para que se proceda á súa recollida.

Recuperación e adopción de animais

Se vostede extraviou ao seu animal doméstico, ou ben se desexa adoptar un animal, pode poñerse en contacto co refuxio de animais no seguinte teléfono e correo e electrónico, ou tamén visitar o centro no horario que se indica a continuación.